ESP

CREADORES DE LATEXOS

Esther Estévez

Unha figura referente en redes sociais e no audiovisual galego recente, presentadora de Luar e de Dígocho Eu na TVG

Guadi Galego

A artista galega máis relevante da escena actual presenta no Baixo Miño a súa xira Síntese Horizonte

Emilio R. Canas

Descubre os segredos dos nosos viños da man do Director Enolóxico de Terras Gauda

Pilar Alonso

Artista multidisciplinar que desde o seu taller en Tomiño crea obras que se expoñen por toda España e Europa

Añadir un poco de texto (1366 x 576 px) (1600 x 150 px) (1)

PROGRAMA

· 20:00 · Apertura de portas e viño de benvida Abadía de San Campio

· Presentación do evento da man de Esther Estévez, a nosa mestra de cerimonias

· Exposición inmersiva de Pilar Alonso arredor dos nosos viñedos

· Emilio Canas guiará a cata de Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar, descubrindo os seus matices

· Cea degustación a cargo dos Fogóns de Ana, acompañada dunha maridaxe especialmente seleccionada

· Free Wine Bar para brindar e gozar dos teus viños favoritos

· O concerto de Guadi Galego inundará a noite de música e dará paso á floración dun novo día

· 00:30 · Os autobuses de regreso sairán da adega sobre as doce e media

** Consulta as rutas de autobús en preguntas frecuentes **

FAQ

Só a través desta web e de Ataquilla.com
Non se venderán entradas o día do evento.

Podes presentar a túa entrada no móbil descargada en PDF (se tes a pantalla en perfectas condicións), ou ben traela impresa. A entrada deberá verificarse na zona de acreditación o día do evento e antes de subir ao autobús, tanto á ida como ao regreso, polo que debes conservar a túa entrada durante todo o evento. 

A entrada xeral inclúe: acceso ao recinto do evento + aparcadoiro + viño de benvida + cata guiada de 3 viños + cea degustación + exposición + concerto + Free Wine Bar durante a cea e o concerto (inclúe augas). A entrada con autobús inclúe: todo o anterior + traslado de ida e volta en autobús segundo a ruta seleccionada na pasarela de compra de entradas.

Si, debes poñerte en contacto polo menos 15 días antes do evento a través do correo electrónico olatexar@terrasgauda.com para informarnos sobre as túas necesidades específicas. Haberá unha selección de viños durante o evento así como augas.

Si, poderán adquirirse produtos do Grupo Terras Gauda na tenda. Ademais, haberá descontos especiais!

No caso de condicións meteorolóxicas adversas que impidan a celebración do evento ao aire libre con seguridade e comodidade, este será reprogramado para unha nova data e a organización comunicarao coa maior antelación posible a través da web e das redes sociais. Se tes unha entrada para a data inicial seguirá sendo válida para a nova data e se non podes asistir poderás cancelar a túa entrada e recibirás un reembolso por parte da organización.

O evento é unicamente para maiores de idade e todas as entradas compradas están suxeitas a este requisito.

Si, poderás chegar ao evento mediante o teu propio vehículo, xa que no recinto haberá prazas de aparcamento gratuítas. Recomendamos que os asistentes que veñan en grupo compartan vehículo na medida do posible para facilitar o acceso e desaloxo do aparcamento.

Si, no proceso de compra poderás elixir entre dúas entradas con rutas diferentes, que inclúen a entrada xeral ao evento e servizo de autobús de ida e volta:

Entrada xeral con autobús: Vigo – Porriño – Tui – Tomiño

18:30 Vigo (parada de bus rua Areal, antigo Reitorado)

19:00 O Porriño (parada de bus Avenida de Galicia, antiga discoteca Sukiyaki)

19:25 Tui (parada de bus rua Ourense, fronte ao estanco)

19:45 Tomiño (parada de bus rotonda farmacia)

20:00 Adegas Terras Gauda

Entrada xeral con autobús: Nigrán – Baiona- A Garda – O Rosal

18:30 Nigrán (á beira do concello)

18:55 Baiona (parada de bus fronte á lonxa, rotonda Monumento a Alfonso VIII de Galicia e León)

19:30 A Guarda (parada de bus Centro Cultural da Garda)

19:45 O Rosal (praza do Calvario, arcos)

20:00 Adegas Terras Gauda

Lembra que debes estar na parada 15 minutos antes da hora de saída e conservar a túa entrada durante todo o evento, xa que se verificará á subida do bus, tanto á ida como á volta, e na zona de acreditación do evento.

O autobús de regreso sairá da adega sobre as 00:30 e pasará polas mesmas paradas de cada ruta.

Non está permitido o acceso de mascotas ao evento.

O recinto e espazo no que se desenvolverá o evento está adaptado para persoas con mobilidade reducida e necesidades específicas, incluíndo aseos adaptados para o acceso e uso en cadeira de rodas. Aínda así, suxerímosche contactar con anticipación coa organización do evento a través do correo electrónico olatexar@terrasgauda.com para informarnos sobre as túas necesidades e solicitar información específica.

O código de vestimenta é completamente libre, aínda que animámoste a vir cun look primaveral! O evento será ao aire libre, en zonas pavimentadas e tamén con céspede, polo que recomendamos traer unha peza de abrigo para a noite e calzado cómodo.

olatexar@terrasgauda.com